luns, 27 de setembro de 2021

AC Raigañas: música e baile tradicional


Non puidemos ter mellor comezo para o noso PDI anual que a visita dos membros da Asociación Cultural Raigañas de Cerqueda.

O pasado luns 20 de setembro desfrutamos dos seus obradoiros de música e baile tradicional para achegarnos as nosas raíces, a nosa cultura; abrindo boca a un curso moi noso. Picando no seguinte enlace poderedes acceder as imaxes do día.

Agradecemos a visita de Rocío, Icía e David cos que gozamos do día ao son da gaita e a pandeireta, sen deixar de cantar e bailar.

Axenda 2030

xoves, 9 de setembro de 2021

Comezamos!

Imaxe CEIP Milladoiro

Inauguramos novo curso e novo Proxecto Documental Integrado (PDI) coa creación do presente blog como caderno de bitácora do que será a nosa travesía, o noso percorrido ao longo dos cursos 2021/22 e 2022/23 na busca, selección, organización, tratamento e comunicación da información arredor de NÓS, do noso Patrimonio Cultural e Inmaterial (PCI), tranformando as múltiples experiencias en coñecemento que nos permita medrar mirándonos no pasado para vivir o presente...na busca dun futuro mellor!

Pola importancia de saber de onde vimos, cara onde camiñamos, comezando polo máis próximo, polo que nos é noso: Malpica, vila da Costa da Morte na Comunidade Autónoma de Galicia.

Situándonos no mapa, comecemos pois a investigar, a documentarnos na procura de coñecer, de valorar, de respectar, de coidar de nós e do noso en comunidade.

Deseguro será... MATERIAL! (vocábulo malpicán para describir algo grandioso, fabuloso, fantástico)

Axenda 2030