Presentamos o mural, que xa forma parte da nosa entrada ao cole, realizado coa imprenta ambulante Alouette Machine grazas ao orzamento de biblioteca creativa e no que se plasma en forma de encrucillado os nomes de persoeir@s importantes da nosa cultura.
martes, 20 de xuño de 2023
luns, 19 de decembro de 2022
Árbores de Nadal... galitecnolóxicas!
Presentamos, en formato audiovisual, as árbores de Nadal que este curso, seguindo o PDI que nos ocupa, contan con adornos galegos e... tecnolóxicos!
Celebramos un Nadal cheo de cores propias e placas Micro:Bit que foron programadas por tod@s, grazas á formación impartida pola mestra Marta.
Un Nadal... á galega!
venres, 11 de marzo de 2022
Formación con Julia de la Cal: estrutura de vimbio
Un curso máis, a Asesoría de Bibliotecas Escolares, concedeunos aos centros do Plan LIA.2 unha formación dentro do programa Biblioteca Creativa, este ano dirixida ao alumnado, ás familias e en xeral a toda a comunidade educativa.
Dentro das moitas actividades ofertadas, moi interesantes e funcionais, decidímonos pola realización de obradoiros para a creación dunha estrutura de vimbio con Julia de Cal; xa que dentro do PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!, neste trimestre traballamos os oficios tradicionais de Malpica e Costa da Morte, e en marzo dirixido ao traballo realizado por Mulleres.
Foi unha actividade moi enriquecedora, de forma que ao remate das xornadas conseguimos, co traballo en equipo, un espazo de vimbio para o tempo de lecer, de lectura, de tranquilidade e de xogo, un produto realizado entre tod@s e para tod@s, como comunidade educativa que somos.
Premendo na imaxe accederedes á galería de fotos das diferentes xornadas desenvoltas ao longo do xoves 10 e venres 11 de marzo.
Agradecer á Asesoría esta oportunidade de aprendizaxe, a Julia de la Cal por achegarnos un oficio tradicional tan bonito e pola súa implicación; así como a todas as familias que puideron vir ao cole para colaborar con nós, INFINITAS GRAZAS!!!!

