venres, 27 de xaneiro de 2023

Semana da PAZ (do 23 ao 30 de xaneiro)


 Lemos xunt@s: VALORES!

Ao longo desta semana, nas sesións de Hoxe Le... as lecturas estiveron adicadas a lecturas compartidas entre iguais. Cada clase dos maiores (3º-6º E.P.) elexiron un libro relacionado coa non violencia, o respeto, a tolerancia, a actitude crítica, a participación, o diálogo...

O alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria elaborou unha man branca e acudiu con ela para escribir un valor extraído da súa lectura, coa colaboración do alumnado lector.

O luns, 5º de E.P. preparou a lectura de "O principio" empregando a técnica do croma para 1º e 2º de E.P, onde cada alumno/a sacou o seu propio valor.

O martes, a clase de 3º E.P. leu o libro "A manchas ou a raias?" aos compañeiros/as de 5º E.I. escribindo na man o valor de TOLERANCIA.

O xoves, o alumnado de 4º E.P. empregou a técnica do Kamishibai co conto "A mellor sopa do mundo" para os máis pequenos do cole, 4º E.I., extraendo o valor da CONVIVENCIA.

O venres, 6º E.P. interpretou o conto de "O segredo de Flora" ao alumnado de 6º E.I., escribindo todos xuntos a palabra de RESPECTO.

Podedes ver todas as imaxes desta actividade premendo na seguinte imaxe:



AS NOSAS LETRAS!: Andrea Maceiras

AS NOSAS LETRAS!

Premer na imaxe para acceder ao álbum de fotos

Inciamos o presente curso coa exposición AS NOSAS LETRAS! adicada á escritora Andrea Maceiras por elección do alumnado de 6ºEP que teñen un dos seus títulos como libro do Plan Lector Anual: A folla azul.

Así, na área Aprender a investigar realizaron a súa biografía grazas ás fontes documentais e dixitais. Asemade, remitiron un correo electrónico á autora para convidala a visitar a nosa escola e... conseguimos cadrar datas!

Encontro con Andrea Maceiras

No día de onte, mantiveron un encontro coa autora; a cal agradecemos a súa amabilidade, pois non só asinou o exemplar de cada nen@ e no caderno da biblio, tamén respostou a cada unha das preguntas dentro da entrevista que desenvolveron na nosa Radio Balea.


Grazas a Andrea Maceiras pola súa cercanía e bo facer; así como a Editorial Xerais por facilitarnos o encontro.


 

martes, 17 de xaneiro de 2023

SENDO... NÓS: proposta de actividades 2º trimestre

Presentamos a proposta de actividades para o 2º trimestre na que o noso PDI seguirá sendo o eixe vertebrador de aprendizaxes vívidas e construtivas.

No 2º trimestre o acento recae en SER para nutrir a necesaria construción dun mundo, persoal e social, mellor; partindo sempre das nosas raíces para seguir SENDO... NÓS! 

Valores pola Paz, cultura propia, igualdade de xénero serán, entre outros, contidos a traballar de maneira transdisciplinar e transversal; sen olvidar os plans e programas incluídos no Plan Lector Anual, así como a proposta de actividades anuais: laboratorios de aprendizaxe, o noso camiño, galicómic...

A seguir valorando o noso para... valorarnos!