xoves, 28 de outubro de 2021

Cabazas lendarias!

Presentamos o vídeo-resumo das fantásticas cabazas creadas en familia.

A creatividade dos/as nenos/as e as súas familias non deixa de sorprendernos.

Moitos parabéns, unhas cabazas lendarias.

Feliz Samaín 2021!

4º_Lab. de cociña: doces lendas

                                     
Doces lendas é a actividade final que realizamos dentro do Laboratorio Documental como peche do mesmo, despois da saída ao cabo de San Adrián.

No laboratorio de cociña con diferentes materiais: cartolinas negras, siluetas dos seres mitolóxicos e azucre glass... creamos por equipos as nosas lendas para contar ao resto de compañeiros/as, sen borrador previo, sen correccións, tomando a palabra en directo.

No vídeo tedes un exemplo do creado e premendo no seguinte enlace accederedes ao álbum de fotos da sesión.

                                              Fotos: Doces lendas!


Unha sesión de creatividade e oratoria... moi, moi doce!

3º e 4º_Saída 1ºT._Contada lendaria!

3º e 4º EP: saída cabo San Adrián
Como peche do Laboratorio Documental, os grupos de 3º e 4º de E. Primaria realizamos unha saída complementaria ao cabo de San Adrián para realizar unha Contada lendaria!

Unha xornada na que compartimos lecturas, a lectura das lendas que recompilamos ao longo do mes de outubro grazas a colaboración das familias, nun entorno privilexiado: cabo de San Adrián fronte as Illas Sisargas, escenarios estes de moitas das lendas que compartimos.

Premendo na imaxe accederedes as fotos da xornada.

Un día vivenciando e valorando o noso!

mércores, 27 de outubro de 2021

Lab. Documental: XII Semana das Lecturas Terroríficas

Imaxe CEIP Milladoiro. Malpica

Presentamos os produtos finais do Laboratorio Documental, que implementamos ao longo deste mes de outubro, arredor das nosas tradicións orais: cantigas, refráns, lendas... e recollido na proposta de actividades do 1º trimestre.

Este curso, ao igual que o pasado, non temos a posibilidade de celebrar a Semana de Lecturas Terroríficas na nosa Biblioteca; mais non perde a súa esencia e seguimos a conmemorar un Samaín lector en diferentes formatos e soportes.

Premendo nos seguintes enlaces podedes desfrutar das producións de cada nivel:

Parabéns a todas e todos polos fantásticos produtos finais!

Celebramos un Samaín... lendario!

xoves, 21 de outubro de 2021

Lab. de Son_Que sabemos de Malpica?

Todo proxecto comeza cunha pregunta inicial que é QUE SABEMOS?, así que para comezar o noso PDI, bianual, o alumnado de diferentes niveis implementou o Laboratorio de Son para recoller que sabemos da nosa vila. 

De seguido podedes escoitar os diferentes podcasts que se realizaron na nosa Radio Balea, a radio nas ondas!


venres, 15 de outubro de 2021

6ºEI-1ºEP_A miña localidade

Na área de Ciencias Sociais estamos aprendendo sobre a nosa localidade, Malpica de Bergantiños, actividade que incluímos no PDI deste curso. Queremos amosarvos o ben que nos quedou o mural que puxemos na entrada da aula e que fixemos conxuntamente compañeiros/as de 6º de Infantil e 1º de Primaria. 

Picando nesta imaxe accederedes á galería de fotos. 




martes, 5 de outubro de 2021

Educando en comunidade: NÓS!

PDI NÓS
Para educar a un niño hace falta la tribu entera
(proverbio africano)

Un curso máis, solicitamos a colaboración de tod@s para seguir educando en comunidade.

O PDI que nos ocupa, NÓS: patrimonio in-MATERIAL!, inicia a súa andaina partindo do que nos é máis próximo: Malpica e Costa da Morte.

O 1º trimestre adicado á oralidade, tradicións e expresións orais, require da recompilación de información entre tod@s.

Queremos facer un chamamento a toda a comunidade para solicitar a necesaria colaboración que enriqueza o noso PDI; tendo sempre en conta que cada aportación, por pequena que sexa, suma e multiplica a información que poidamos obter para transformala en coñecemento.

Seguindo o proxecto recollido neste blog do PDI, organizamos os trimestres como segue:

1º trimestre. IDENTIDADE: tradicións e expresión orais. Oralidade, berce da cultura! No samaín faremos unha recompilación das lendas, cantigas, refráns da nosa zona e no mes de decembro dedicaremos a música tradicional pedindo colaboración a todas as familias e asociacións de Malpica.

2º trimestre. COEDUCACIÓN: actos festivos e técnicas tradicionais artesanais. Comezaremos pola imigración, recollendo os testimonios de aqueles que tiveron que cruzar os océanos para ter unha vida mellor. Rescataremos o entroido tradicional de Malpica e das súas parroquias. Finalizando o trimestre entrevistando as mulleres traballadoras e os oficios tradicionais.

3º trimestre. MEDIO AMBIENTE: patrimonio material (arquitectónico, artístico, histórico e/ou natural).

Agradecemos de antemán, a colaboración de toda a comunidade.

Por un curso moi noso, por un curso enriquecéndonos, coñecéndonos!

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica
Axenda 2030

Axenda 2030