Amosando publicacións coa etiqueta laboratorios de aprendizaxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta laboratorios de aprendizaxe. Amosar todas as publicacións

luns, 28 de novembro de 2022

Premiad@s: VIII Concurso de Traballo por Proxectos

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos 

Estamos en hora boa! A aula de 4º de E. Primaria, do curso 2021/22, resultou premiada no VIII Concurso de Traballo por Proxectos.

Na modalidade de Investigación e Tratamento da Información presentaron a Tarefa Integrada desenvolta no último trimestre no Laboratorio Documental: Malpica, a nosa vila, enmarcada dentro do noso Mes das Letras 2022

Na memoria presentada recollen, ademais, os restantes laboratorios de aprendizaxe implementados ao longo do curso 2021/22 en relación co PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!

Un curso que estivo marcado pola pandemia, con protocolos sanitarios que afectaron á natural socialización escolar; mais puideron seguir divertíndose aprendendo e sendo artífices das súas propias aprendizaxes mediante Tarefas Integradas que abarcaron diversas áreas, entre elas a área de Aprender a Investigar. Área esta que non lles era allea, dado que dende E. Infantil e 1º ciclo de E. Primaria aprenden por descubrimento: sendo, facendo, sabendo e convivindo; e sempre ao abeiro da Biblioteca Escolar-LeoLab: espazos creativos e recursos bibliográficos, dixitais, tecnolóxicos, audiovisuais... para tod@s.

No día de hoxe realizamos a entrega dos diplomas correspondentes e de dous agasallos lúdicos para compartir na aula. Un premio ao traballo feito... con corazón!

Parabéns a tod@s, unha dotación económica para tod@s: educación de calidade no rural.

martes, 5 de outubro de 2021

Educando en comunidade: NÓS!

PDI NÓS
Para educar a un niño hace falta la tribu entera
(proverbio africano)

Un curso máis, solicitamos a colaboración de tod@s para seguir educando en comunidade.

O PDI que nos ocupa, NÓS: patrimonio in-MATERIAL!, inicia a súa andaina partindo do que nos é máis próximo: Malpica e Costa da Morte.

O 1º trimestre adicado á oralidade, tradicións e expresións orais, require da recompilación de información entre tod@s.

Queremos facer un chamamento a toda a comunidade para solicitar a necesaria colaboración que enriqueza o noso PDI; tendo sempre en conta que cada aportación, por pequena que sexa, suma e multiplica a información que poidamos obter para transformala en coñecemento.

Seguindo o proxecto recollido neste blog do PDI, organizamos os trimestres como segue:

1º trimestre. IDENTIDADE: tradicións e expresión orais. Oralidade, berce da cultura! No samaín faremos unha recompilación das lendas, cantigas, refráns da nosa zona e no mes de decembro dedicaremos a música tradicional pedindo colaboración a todas as familias e asociacións de Malpica.

2º trimestre. COEDUCACIÓN: actos festivos e técnicas tradicionais artesanais. Comezaremos pola imigración, recollendo os testimonios de aqueles que tiveron que cruzar os océanos para ter unha vida mellor. Rescataremos o entroido tradicional de Malpica e das súas parroquias. Finalizando o trimestre entrevistando as mulleres traballadoras e os oficios tradicionais.

3º trimestre. MEDIO AMBIENTE: patrimonio material (arquitectónico, artístico, histórico e/ou natural).

Agradecemos de antemán, a colaboración de toda a comunidade.

Por un curso moi noso, por un curso enriquecéndonos, coñecéndonos!

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica
Axenda 2030

Axenda 2030