Premer na imaxe para acceder á galería de fotos
Ao longo da semana e na Hora de Ler presentamos na biblioteca, en relación co 8M, a Semana da Muller 2023. Unha semana adicada a diversas Mulleres Galegas que cada aula elexiu como imprescindibles.
Os seguintes enlaces de cada grupo-clase redirixen ás biografías das galegas imprescindibles para... NÓS:
- 4º de Educación Infantil (3 anos): as nosas mamás.
- 5º de Educación Infantil (4 anos): as nosas mamás.
- 6º de Educación Infantil (5 anos): Ana Romero Masiá (historiadora e membro da RAG)
- 1º de Educación Primaria: Exeria (escritora Idade Antiga)
- 2º de Educación Primaria: Rakele Cavallo (artista)
- 3º de Educación Primaria: Deni (alumna en prácticas do Grado de Mestras/es)
- 4º de Educación Primaria: Xela Arias (escritora, tradutora...)
- 5º de Educación Primaria: MaruJa Mallo (pintora)
- 6º de Educación Primaria: Andrea Maceiras (escritora)
Nais, escritoras, artistas, historiadoras, académicas, pintoras, mestras... TODAS IMPRESCINDIBLES! Por unha igualdade de xénero real que poidamos celebrar todos os días.