Amosando publicacións coa etiqueta samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta samaín. Amosar todas as publicacións

domingo, 30 de outubro de 2022

Fin do Samaín coa... zombidanza!

Presentamos o fin do noso Samaín: zombis danzando ao ritmo da música de Xoan Curiel e a Banda do Verán con "Toca o teu pé!" de A Casa do Terror, dispoñible na nosa Biblio (preme na imaxe para acceder)

Grazas á mestra de Música, Estefanía, polo seu fantástico traballo de Música e Danza co cal mobilizou a todo o colexio; así como ao profesorado pola súa implicación e ao alumnado pola súa motivación e esforzo para que o lipdub fora terroríficamente executado.

Que nunca nos falten a Música e a Danza, artes indispensables para a expresión emocional e a interacción social.

ODS 4-Axenda 2030

venres, 28 de outubro de 2022

XIII Semana das Lecturas Terroríficas

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Celebramos a XIII Semana das Lecturas Terroríficas... NA NOSA BIBLIO!

Voltamos retomar a xuntanza de tod@s, despois de dous cursos escolares, arredor de producións propias de cada grupo-clase moi, moi terroríficas.

Demos a benvida ao outono, festexando unha das nosas tradicións culturais: o Samaín (en etimoloxía gaélica significa "fin do verán") Sen perder o rumbo, seguindo o noso PDI, arredor de Galicia, para non olvidar de onde vimos e liberarse de celebracións que non nos son propias.

Premendo nos seguintes enlaces poderedes gozar das fantásticas e terroríficas actuacións de cada aula:

PARABÉNS, con maiúsculas, por tanto e tan bo: investigando, escribindo, protagonizando, interpretando, creando, contando, comunicando... Un Samaín moi noso: producións propias para valorar e salvagardar.

E rematamos a intensa semana coa... ZOMBIDANZA!

Premendo na imaxe accederedes á galería de fotos da XIII Semana das Lecturas Terroríficas.

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Un peche musical de... MEDO! En próximas publicacións coñeceredes o fin do noso Samaín, ata entón

FELIZ SAMAÍN LECTOR A TOD@S!


martes, 25 de outubro de 2022

Exposición 1º trimestre: NÓS

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos a exposición do 1º trimestre que, dende a apertura da nosa BE-LeoLab (3 de outubro), está ubicada no corredor do 1º andar para dar continuidade e nutrir o noso PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!

Exemplares de consulta, cómic, narrativa, música...; na nosa lingua e temática arredor de Galicia: historia, lendas, seres mitolóxicos, tradicións, celebracións, gastronomía... Títulos para animar á lectura, á búsqueda de información, á experimentación...; conmemorando celebracións propias da nosa cultura: o noso Samaín, que tan ben investigaron e gravaron en Radio Balea o grupo 3 do Laboratorio de Son de 2º e 3º ciclo de E. Primaria.

No día de hoxe demos inicio, despois de 2 anos sen poder celebrarse na Biblioteca, a nosa XIII Semana das Lecturas Terroríficas. Con gran emoción, por retomar a xuntanza de tod@s na nosa Biblio, gozamos coas primeiras actuacións. Actuacións de cada grupo-clase para presentar as súas producións propias e das cales daremos boa conta nunha próxima publicación.
                            Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

   Feliz Samaín, a ler sen fin!

 

mércores, 27 de outubro de 2021

Lab. Documental: XII Semana das Lecturas Terroríficas

Imaxe CEIP Milladoiro. Malpica

Presentamos os produtos finais do Laboratorio Documental, que implementamos ao longo deste mes de outubro, arredor das nosas tradicións orais: cantigas, refráns, lendas... e recollido na proposta de actividades do 1º trimestre.

Este curso, ao igual que o pasado, non temos a posibilidade de celebrar a Semana de Lecturas Terroríficas na nosa Biblioteca; mais non perde a súa esencia e seguimos a conmemorar un Samaín lector en diferentes formatos e soportes.

Premendo nos seguintes enlaces podedes desfrutar das producións de cada nivel:

Parabéns a todas e todos polos fantásticos produtos finais!

Celebramos un Samaín... lendario!