Amosando publicacións coa etiqueta laboratorio de son. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta laboratorio de son. Amosar todas as publicacións

venres, 13 de maio de 2022

Premiad@s: IV Concurso Podcasts-Radio na Biblio

Premio IV Concurso Podcasts-Radio na Biblio
Voltamos estar en hora boa. Se no 2º trimestre recibiamos o Sello CCB 2021, neste 3º trimestre acabamos de coñecer que fomos PREMIAD@S no...

 IV Concurso de Podcasts - Radio na Biblio

Un marabilloso produto final de produción propia, en formato regueifa, arredor da biografía de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas 2022.

A nosa participación na modalidade II (alumnado de 3º a 6º de Primaria) obtén como premio unha asignación extraordinaria de 1.000 € destinada, tal e como recolle a convocatoria do concurso, a melloras ou actividades relacionadas co funcionamento do laboratorio de radio, sempre vinculado á biblioteca do centro.

Premendo na imaxe accederedes a memoria e escaleta remitida ao concurso e na cal se recollen @s participantes que deron vida e personalidade malpicá a produción escrita "Unha regueifa a Don Florencio", que foi posible grazas a implicación e colaboración de Charo (nai dun alumno do centro e membro da ANPA) e do profesorado do Equipo de Radio na Biblio.

Un premio ao traballo feito EN COMUNIDADE E CON IDENTIDADE!

A desfrutar do podcast premiado, xa publicado no portal da Radio Galega, e...

Parabéns, unha vez máis, a TOD@S!

mércores, 6 de abril de 2022

Lab. de Son: oficio e tradición... en feminino!

Presentamos os produtos finais do Laboratorio de Son implementado ao longo do mes de marzo en relación co Día da Muller 2022 e a proposta de actividades do noso PDI.

A proposta incluía dous produtos finais, entrevista escrita e podcast realizado en Radio Balea, valorando os oficios tradicionais desenvoltos por Mulleres da nosa contorna.

Premendo nos enlaces da seguinte listaxe accederedes aos produtos finais de cada aula:

Felicitar, unha vez máis, a alumnado e titores/as polo gran traballo desenvolto: investigando, coñecendo, valorando, comunicando; así coma ás protagonistas das diferentes entrevistas que,  de maneira totalmente altruista, nos regalaron o seu tempo para compartir experiencias e valores de vida.

Seguimos educando en igualdade e valorando ÁS NOSAS MULLERES!

domingo, 13 de febreiro de 2022

Día Mundial da Radio: Teresa dos Cucos

Hoxe celebramos o Día Mundial da Radio 2022 sumándonos a iniciativa de Ponte... nas Ondas!: a Radio do Patrimonio, que este ano garda estreita relación co noso PDI de centro.

Felicitar ao alumnado de 5º de E. Primaria que coa orientación de Breogán, o seu titor, e o apoio do Equipo de Radio realizaron un fabuloso traballo de investigación, documentación e comunicación entrevistando a Teresa dos Cucos, Mestra da Memoria 2021.

Imaxe de www.axendacultural.aelg.gal
Feliz Día da Radio a tod@s!

xoves, 21 de outubro de 2021

Lab. de Son_Que sabemos de Malpica?

Todo proxecto comeza cunha pregunta inicial que é QUE SABEMOS?, así que para comezar o noso PDI, bianual, o alumnado de diferentes niveis implementou o Laboratorio de Son para recoller que sabemos da nosa vila. 

De seguido podedes escoitar os diferentes podcasts que se realizaron na nosa Radio Balea, a radio nas ondas!