Amosando publicacións coa etiqueta pdi. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pdi. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de febreiro de 2023

Entroido: Galihistoria

Presentamos o vídeo resumo da nosa celebración de Entroido que este curso, seguindo o PDI NÓS, tivo como lema "Galihistoria". Un percorrido pola historia de Galicia: etapas históricas, cultura, gastronomía, catástrofe ecolóxica e mitoloxía foron as elexidas para conmemorar un Entroido moi galego.

Premer no seguinte enlace para acceder á galería de fotos da xornada:

ENTROIDO: GALIHISTORIA

Feliz Entroido 2023!

venres, 17 de xuño de 2022

RUEIRO DOS RETOS

 Onte realizamos a proposta de centro de "O rueiro dos retos", aínda que adaptamos dita actividade. 

Neste caso, cada neno e nena levou unha folla cun mapa de Malpica e unha imaxe diferente, polo que na ruta que seguimos tivemos que ir buscando a nosa imaxe, e unha vez atopada colocar unha pegatina no mapa.

Pasámolo xenial, xa que despois de conseguir os retos descansamos, merendamos e xogamos. Regresamos ó cole moi contentos pero moi cansos!!!


Premer na imaxe para acceder á galería


xoves, 21 de outubro de 2021

Lab. de Son_Que sabemos de Malpica?

Todo proxecto comeza cunha pregunta inicial que é QUE SABEMOS?, así que para comezar o noso PDI, bianual, o alumnado de diferentes niveis implementou o Laboratorio de Son para recoller que sabemos da nosa vila. 

De seguido podedes escoitar os diferentes podcasts que se realizaron na nosa Radio Balea, a radio nas ondas!


martes, 5 de outubro de 2021

Educando en comunidade: NÓS!

PDI NÓS
Para educar a un niño hace falta la tribu entera
(proverbio africano)

Un curso máis, solicitamos a colaboración de tod@s para seguir educando en comunidade.

O PDI que nos ocupa, NÓS: patrimonio in-MATERIAL!, inicia a súa andaina partindo do que nos é máis próximo: Malpica e Costa da Morte.

O 1º trimestre adicado á oralidade, tradicións e expresións orais, require da recompilación de información entre tod@s.

Queremos facer un chamamento a toda a comunidade para solicitar a necesaria colaboración que enriqueza o noso PDI; tendo sempre en conta que cada aportación, por pequena que sexa, suma e multiplica a información que poidamos obter para transformala en coñecemento.

Seguindo o proxecto recollido neste blog do PDI, organizamos os trimestres como segue:

1º trimestre. IDENTIDADE: tradicións e expresión orais. Oralidade, berce da cultura! No samaín faremos unha recompilación das lendas, cantigas, refráns da nosa zona e no mes de decembro dedicaremos a música tradicional pedindo colaboración a todas as familias e asociacións de Malpica.

2º trimestre. COEDUCACIÓN: actos festivos e técnicas tradicionais artesanais. Comezaremos pola imigración, recollendo os testimonios de aqueles que tiveron que cruzar os océanos para ter unha vida mellor. Rescataremos o entroido tradicional de Malpica e das súas parroquias. Finalizando o trimestre entrevistando as mulleres traballadoras e os oficios tradicionais.

3º trimestre. MEDIO AMBIENTE: patrimonio material (arquitectónico, artístico, histórico e/ou natural).

Agradecemos de antemán, a colaboración de toda a comunidade.

Por un curso moi noso, por un curso enriquecéndonos, coñecéndonos!

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica
Axenda 2030

Axenda 2030

luns, 27 de setembro de 2021

AC Raigañas: música e baile tradicional


Non puidemos ter mellor comezo para o noso PDI anual que a visita dos membros da Asociación Cultural Raigañas de Cerqueda.

O pasado luns 20 de setembro desfrutamos dos seus obradoiros de música e baile tradicional para achegarnos as nosas raíces, a nosa cultura; abrindo boca a un curso moi noso. Picando no seguinte enlace poderedes acceder as imaxes do día.

Agradecemos a visita de Rocío, Icía e David cos que gozamos do día ao son da gaita e a pandeireta, sen deixar de cantar e bailar.

Axenda 2030

xoves, 9 de setembro de 2021

Comezamos!

Imaxe CEIP Milladoiro

Inauguramos novo curso e novo Proxecto Documental Integrado (PDI) coa creación do presente blog como caderno de bitácora do que será a nosa travesía, o noso percorrido ao longo dos cursos 2021/22 e 2022/23 na busca, selección, organización, tratamento e comunicación da información arredor de NÓS, do noso Patrimonio Cultural e Inmaterial (PCI), tranformando as múltiples experiencias en coñecemento que nos permita medrar mirándonos no pasado para vivir o presente...na busca dun futuro mellor!

Pola importancia de saber de onde vimos, cara onde camiñamos, comezando polo máis próximo, polo que nos é noso: Malpica, vila da Costa da Morte na Comunidade Autónoma de Galicia.

Situándonos no mapa, comecemos pois a investigar, a documentarnos na procura de coñecer, de valorar, de respectar, de coidar de nós e do noso en comunidade.

Deseguro será... MATERIAL! (vocábulo malpicán para describir algo grandioso, fabuloso, fantástico)

Axenda 2030