mércores, 21 de xuño de 2023

Un PDI... moi noso!

Presentamos o resumo audiovisual de dous cursos nos que desenvolvemos un Proxecto Documental Integrado moi noso.

O PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL! chega ao seu fin no presente curso, deixando pegada perdurable na nosa pequena comunidade: salvagardamos, respectamos, divulgamos, lemos, escribimos, aprendemos a valorar o noso, a valorarnos.

O vindeiro curso... nova travesía!

martes, 20 de xuño de 2023

Galeg@s Ilustres (Alouette Machine)

Presentamos o mural, que xa forma parte da nosa entrada ao cole, realizado coa imprenta ambulante Alouette Machine grazas ao orzamento de biblioteca creativa e no que se plasma en forma de encrucillado os nomes de persoeir@s importantes da nosa cultura.

martes, 6 de xuño de 2023

Semana do Medio Ambiente: construíndo na area!

Semana do Medio Ambiente

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

No día de onte, 5 de xuño de 2023, conmemorouse o Día do Medio Ambiente e NÓS comezamos a semana coa actividade da proposta trimestral: construíndo na area!

A actividade acolle unha saída á praia para realizar construcións relacionadas con Galicia, atendendo ao PDI que finalizamos este curso.

Construcións moi galegas usando os recursos da praia ou reciclados e que se irán incrementando segundo o tempo atmosférico o permita.

Parabéns, miniarquitect@s!

luns, 5 de xuño de 2023

Guía de verán 2023

Leer más publicaciones en Calaméo

Presentamos a guía de verán 2023. Unha guía con moitas preguntas, unha guía para cumprir retos varios: saber, xogar, cantar, contar... vivir!

O último día lectivo tod@s teremos nas nosas mans títulos diversos para lectoras/es divers@s.

Guía verán 2023

Feliz verán... lector!

venres, 2 de xuño de 2023

Prescritura e escritura con arte

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Ao longo do Mes das Letras elaboramos, entre tod@s, dous murais de escritura con arte, escritura creativa, seguindo o lema da Asesoría BEGA para o presente curso: escribir a biblioteca escolar.

Prescritura con arte, realizado pol@s cativiñ@s do Milladoiro, recolle grafismos creativos moi primaverais e o mural Escritura con arte, realizado polo alumnado de primaria, naceu para dinamizar a lingua e pór en práctica, entre outros grafismos, a técnica lettering que se desenvolveu nun dos educa-tribo implementados neste último trimestre de curso.

Parabéns a tod@s, escritura e arte a unha!