mércores, 29 de xuño de 2022

Despedida do curso 2021-22

O mércores 22 de xuño despedimos o curso escolar 2021/22 cunha gran festa no patio do centro, coa merenda a cargo da ANPA e música tradicional por parte do grupo A.C. Malante de Malpica

Premer na imaxe para acceder á galería

Desexamos que teñades un bo verán, gocedes do merecido descanso e animámosvos a cumprir os retos á sombra que vos propón Leo: quen se atreve a...?

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Moita sorte ao alumnado de 6º de Primaria que emprende nova travesía. O  Milladoiro, a vosa escola, sempre terá as portas abertas para recibirvos!

luns, 13 de xuño de 2022

O noso xogo: E ti, de quen vés sendo?

 Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Leer más publicaciones en Calaméo

Presentamos, en primicia, parte do xogo que en comunidade comezamos a crear no presente curso en relación co PDI que nos ocupa.

Un xogo de produción propia ideado a proposta do Equipo Creativo, en colaboración co Equipo de BE-DL, para reforzar a formación de usuari@s da nosa Biblioteca e profundizar nas nosas raíces: Malpica e Galicia.

Seguen en imprenta as tarxetas de preguntas e repostas elaboradas por cada grupo-clase arredor de Malpica e en produción as fichas-faro, gobeletes-nasa, polbos e caixas.

O vindeiro curso esperamos completar as tarxetas con preguntas arredor de Galicia, mais seguro que damos bo uso a esta primeira parte do noso xogo.

Parabéns a tod@s, pola fantástica produción creada en comunidade e con identidade.


sábado, 11 de xuño de 2022

4ºEP_Rueiro dos retos!

Aula 4º de PrimariaPremer na imaxe para acceder á galería de fotos

Esta semana organizamos e desenvolvemos a actividade proposta polo Equipo Tecnolóxico, en colaboración con outros equipos, e en estreita relación co PDI NÓS: Rueiro dos retos!

Organizamos a saída, no LeoLab, coñecendo cada reto e as rúas polas que investigar. Dividímonos en 2 equipos, laranxa e verde, e con tablet, mapa e táboa de recollida de solucións na man percorremos as rúas de Malpica investigando, resolvendo cada reto proposto.

Unha actividade coa que nos divertimos e descubrimos datos da nosa vila que moitos/as descoñeciamos.

RETOS CUMPRIDOS!

venres, 10 de xuño de 2022

4ºEP_Un trimestre... valorando, xogando!

Presentamos un vídeo-resumo dos valores e aprendizaxes aos que demos tratamento no último trimestre do curso: aprendendo a investigar, respectando o Medio, valorando as nosas raíces, xogando!

Dende a creación das 48 preguntas para o xogo derivado do PDI NÓS: E ti, de quen ves sendo?, ata a creación do noso propio xogo 3R con materiais de refugallo (caixas de cartón, tapóns de plástico e páxinas de libros deteriorados/expurgados) implementando o Laboratorio de Ideas.

Un trimestre no que valoramos e xogamos para seguir divertíndonos aprendendo.