mércores, 22 de decembro de 2021

Festa de Nadal 2021

Rematamos este trimestre cunha gran festa de Nadal na que puidemos desfrutar do chocolate con churros, organizado pola ANPA do CEIP Milladoiro e tamén da música tradicional, grazas a participación dun grupo de mestras e alumnos/as que foron coordinados pola mestra Susana Álvarez Mato. Esta formación creouse para a festa de Nadal pero tras o gran éxito acadado seguirán amenizando as próximas festas case seguro. Damos as grazas a cada un deles polo seu esforzo e traballo:

- Susana Álvarez (gaita).

- María Mascuñana (pandeireta)

- Daniella Cotelo 5º E.P. (pandeireta)

- Bruno Folla 3º E.P. (bombo)

- Antón Barrul 6º A E.P. (tambor)

- Pablo Varela 6º B E.P. (pandeireta)

A continuación tedes un vídeo resumo da xornada e ao final do mesmo algúns dos bailes que realizaron:

 

martes, 21 de decembro de 2021

Nadal en familia: tradición oral

Collage Nadal en familia_PDI NÓS

Pechamos o 1º trimestre, arredor da tradición oral, coas extraordinarias visitas familiares: avoa, nai, pai, tía, veciña...; visitas coas que demos tratamento ao noso PDI, na busca do coñecemento e valoración da nosa identidade cultural.

Premendo nos seguintes enlaces accederedes ás publicacións realizadas nos blogs ou galería de imaxes das aulas:

Agradecemos a colaboración de tod@s, que de maneira altruista nos achegaron a nosa cultura a través da oralidade, da música e o baile tradicional.

Agasallos de Nadal... adiantados!

mércores, 15 de decembro de 2021

Xabier P. Docampo: AS NOSAS LETRAS!

Exposición AS NOSAS LETRAS!

A imaxe reflicte a exposición AS NOSAS LETRAS! que inauguramos neste 1º trimestre para dinamizar lecturas de autores/as galegos/as que é imprescindible coñecer, valorar, divulgar.

A exposición estivo adicada ao GRAN MESTRE:  Xabier P. Docampo, que protagonizou a nosa proposta de actividades do 1º trimestre en relación coa oralidade, co noso PDI.

Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos, entre as cales destaca a súa dedicatoria no exemplar "O misterio das badaladas" do día en que visitou o noso colexio. Un pequeno tesouro ben gardado e valorado na nosa Biblioteca.

Os grupos de 6º de Primaria, na sesión semanal Aprender a Investigar, ademais de elaborar o seu primeiro traballo documental arredor de Malpica e a Costa da Morte; finalizaron o trimestre lendo algúns dos títulos do escritor e elaborando a súa biografía, da cal daremos boa conta no 2º trimestre. 

Seguimos querendo... salvagardar o noso!

Axenda 2030