venres, 24 de febreiro de 2023

Día de Rosalía de Castro 2023

Día de Rosalía 2023

Premer na imaxe para acceder ao álbum de fotos

Conmemoramos o Día de Rosalía de Castro cun libro e unha flor... pulseira!

Asemade, unímonos á proposta da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e seguindo o manifesto escrito por Carme Adán escribimos palabras, e palabras e palabras! Palabras que eleximos da lectura de diversos poemas de Rosalía e que logo pegamos dentro da súa silueta.

AELG

Premer na imaxe para ler o Manifesto 

Rosalía de Castro, que a forza das túas palabras impulse as nosas propias para seguir mellorando o presente, un futuro que siga sendo noso, da nosa terra, para seguir tendo voz propia hoxe e sempre: NÓS.

 

martes, 21 de febreiro de 2023

Entroido: Galihistoria

Presentamos o vídeo resumo da nosa celebración de Entroido que este curso, seguindo o PDI NÓS, tivo como lema "Galihistoria". Un percorrido pola historia de Galicia: etapas históricas, cultura, gastronomía, catástrofe ecolóxica e mitoloxía foron as elexidas para conmemorar un Entroido moi galego.

Premer no seguinte enlace para acceder á galería de fotos da xornada:

ENTROIDO: GALIHISTORIA

Feliz Entroido 2023!

xoves, 16 de febreiro de 2023

Entroidanza con Pesdelán

Hoxe comezamos a celebración do Entroido no Milladoiro!!! E como non podía ser doutro xeito fixémolo xuntos, en comunidade, no Centro Cívico.

Para iso, todos e todas viñemos ó cole disfrazados como quixemos e gozamos da actuación musical de Pesdelán, unha agrupación coa que non paramos de bailar e aprender danzas do Entroido de diversos lugares: Argentina, Colombia, Perú, Euskadi... e por suposto Galicia.

PASÁMOLO EN GRANDE!!

FOTOS


luns, 13 de febreiro de 2023

Día Mundial da Radio 2023

Seguindo a proposta de actividades do 2º trimestre, conmemoramos o Día Mundial da Radio gravando en Radio Balea o noso conto de produción propia, o cal ideamos entre todas e todos, ao longo do 1º trimestre, coa máquina de escribir como protagonista e dentro da actividade NÓS... tamén escribimos!Asemade, participamos na convocatoria feita por Ponte... nas Ondas! baixo o lema Radio e Paz, proposto pola UNESCO, co podcast creado polo alumnado de 5º e 6º de EP: Rap pola Paz e que podedes escoitar a continuación.

Felicitar a todas e todos polo gran traballo desenvolto, uns podcasts contado e cantado para celebrar.

Feliz Día da Radio, hoxe e todos os días do ano.