Amosando publicacións coa etiqueta laboratorio documental. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta laboratorio documental. Amosar todas as publicacións

luns, 16 de maio de 2022

4ºEP_Mes das Letras 2022

Presentamos, en formato audiovisual, a Tarefa Integrada "Malpica, a nosa vila" que desenvolvemos a través do Laboratorio Documental: investigando, informándonos, creando, comunicando.

O noso Mes das Letras 2022 permitiunos integrar a proposta de actividades do PDI de centro co Día das Letras Galegas, así:

  • Redactamos, grazas a investigación documental, 48 preguntas en relación coas catro iconas da CDU da nosa biblio para o xogo de produción propia do cole: E ti, de quen ves sendo?
  • Coñecemos ao autor homenaxeado pola Día das Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán.
  • Creamos a nosa propia produción escrita, Malpica infinda, adaptando o poema Galicia infinda de Florencio Delgado Gurriarán.
  • Construímos no LeoLab con tangram e lego.
  • Realizamos manualidades plásticas con figuras xeométricas, creando diversas paisaxes malpicás.
Pechamos a tarefa comunicando os produtos finais: poema para a exposición do PDI, mural de aula e podcast realizado en Radio Balea, que podedes desfrutar a continuación.

Feliz Día das Letras Galegas, hoxe e todos os días do ano!

Pechamos o mes de maio, na nosa Biblio, cunha visita que puxo o broche final ao Mes das Letras. Premer no seguinte enlace para acceder á publicación:

Visita de Xurxo Alfeirán Chouciño

xoves, 28 de outubro de 2021

4º_Lab. de cociña: doces lendas

                                     
Doces lendas é a actividade final que realizamos dentro do Laboratorio Documental como peche do mesmo, despois da saída ao cabo de San Adrián.

No laboratorio de cociña con diferentes materiais: cartolinas negras, siluetas dos seres mitolóxicos e azucre glass... creamos por equipos as nosas lendas para contar ao resto de compañeiros/as, sen borrador previo, sen correccións, tomando a palabra en directo.

No vídeo tedes un exemplo do creado e premendo no seguinte enlace accederedes ao álbum de fotos da sesión.

                                              Fotos: Doces lendas!


Unha sesión de creatividade e oratoria... moi, moi doce!

3º e 4º_Saída 1ºT._Contada lendaria!

3º e 4º EP: saída cabo San Adrián
Como peche do Laboratorio Documental, os grupos de 3º e 4º de E. Primaria realizamos unha saída complementaria ao cabo de San Adrián para realizar unha Contada lendaria!

Unha xornada na que compartimos lecturas, a lectura das lendas que recompilamos ao longo do mes de outubro grazas a colaboración das familias, nun entorno privilexiado: cabo de San Adrián fronte as Illas Sisargas, escenarios estes de moitas das lendas que compartimos.

Premendo na imaxe accederedes as fotos da xornada.

Un día vivenciando e valorando o noso!

mércores, 27 de outubro de 2021

Lab. Documental: XII Semana das Lecturas Terroríficas

Imaxe CEIP Milladoiro. Malpica

Presentamos os produtos finais do Laboratorio Documental, que implementamos ao longo deste mes de outubro, arredor das nosas tradicións orais: cantigas, refráns, lendas... e recollido na proposta de actividades do 1º trimestre.

Este curso, ao igual que o pasado, non temos a posibilidade de celebrar a Semana de Lecturas Terroríficas na nosa Biblioteca; mais non perde a súa esencia e seguimos a conmemorar un Samaín lector en diferentes formatos e soportes.

Premendo nos seguintes enlaces podedes desfrutar das producións de cada nivel:

Parabéns a todas e todos polos fantásticos produtos finais!

Celebramos un Samaín... lendario!