luns, 29 de maio de 2023

Mes das Letras: "Se me vou"

Fabuloso produto final no noso Mes das Letras: a produción propia "Se me vou", que tan ben presentaron no Festival das Letras Galegas as aulas de 5º e 6º de primaria.

En esta peza audiovisual todos os grupos-clase coordinados por Estefanía, mestra de Música, dan vida á canción.

Parabéns a tod@s pola fantástica produción e a seguir usando a nosa lingua para aprender, para rir, para sentir...

venres, 26 de maio de 2023

Festival das Letras Galegas 2023

Presentamos, despois do proceso de edición, as fantásticas actuacións que conformaron o noso...

Festival das Letras 2023 

(premer no enlace para acceder á galería de fotos)

Felicitar a tod@s polo esforzo e motivación na gran homenaxe a Francisco Fernández del Riego, as nosas letras, a nosa lingua, ao que somos: galeg@s.


xoves, 18 de maio de 2023

Mes das Letras: DichoLeo!

Premer en cada grupo-aula para visualizar a súa produción.

Presentamos unha actividade que naceu co PDI que nos ocupa: DichoLeo!

Unha actividade de dinamización da lingua mediante pezas audiovisuais de produción propia e que ve a luz no Mes das Letras.

Agradecemos a letra, voz e música, da mestra Estefanía, para o extracto de audio que abre e pecha cada vídeo. Outra produción propia que mañá escoitaremos e veremos, en primicia, no Festival das Letras.

Parabéns a tod@s, as nove pezas audiovisuais amplian o noso vocabulario na lingua nai: o galego.

Unha lingua para aprender, unha lingua para sentir.

luns, 8 de maio de 2023

AS NOSAS LETRAS! Francisco Fernández del Riego

AS NOSAS LETRAS: Francisco Fernández del Riego

Premer na imaxe para acceder ao álbum

Ao longo do 3º trimestre a exposición AS NOSAS LETRAS! está adicada ao persoeiro homenaxeado este ano, pola Real Academia Galega, co Día das Letras: Francisco Fernández del Riego

A exposición está composta polos diversos exemplares de nova adquisición e por recursos materiais alleos e propios, entre eles o noso caderno de produción propia Leo anímate a... investigar!, para traballar nas aulas a súa biografía e obras. Recursos alleos que se aloxan nas seguintes páxinas:

Asemade expuxemos os carteis que recibimos da Real Academia Galega, como se pode ver na seguinte imaxe.

Carteis RAG

Pechamos así, un curso máis, a exposición adicada a escritoras e escritores galeg@s que se fai imprescincible coñecer e valorar:

AS NOSAS LETRAS!

O vindeiro curso, máis: seguiremos facendo medrar as nosas Letras.

venres, 5 de maio de 2023

Mes das Letras: GALICÓMIC!

Chegou... o gran día! 

A nosa produción propia anual xa está na imprenta e aquí se presenta en formato dixital.

Unha produción de tod@s, que este curso, en relación co noso PDI e dinamizando a Banda Deseñada, titulamos GaliCómic.

Cada aula ideou, creou o seu propio cómic en relación con Galicia: experiencias escolares, historia, aventuras, gastronomía, os seres mitolóxicos e... ata unha heroína! Temáticas diversas as que conforman os 8 cómics que en primicia presentamos e que compartiremos polas aulas ao longo da semana das Letras Galegas (do 15 ao 19 de maio). Asemade, están expostos nos corredores do cole.

Premer na imaxe para acceder ao álbum de fotos

Imaxes GaliCómic corredores aulas

Unha proposta de actividade anual, enmarcada no PDI NÓS, que nos permitiu crear a nosa propia marca:

GC do Milladoiro
(GaliCómic do Milladoiro)

Só nos queda dicir...

Parabéns. GaliCómic