Amosando publicacións coa etiqueta ecoloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ecoloxía. Amosar todas as publicacións

mércores, 18 de maio de 2022

Plantando árbores con pinceis

Mural exterior Navegamos XUNT@S!

A pasada semana tivemos dous talleres, a través da fundación Abanca, que levan o título "Plantando árbores con pinceis", que mestura cultura, creatividade e coidado do medio ambiente a través da realización dun mural artístico colaborativo e ecolóxico e uns talleres de pintado de bolsas de tea con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que absorben o CO2 do ambiente.

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria elaborou este precioso mural que agora preside a entrada do noso centro, cunha serea Leo moi moderna e co Faro de Punta Nariga ao seu lado.

O alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria pintaron cada un a súa bolsa tea, cuns deseños moi orixinaris e persoais. Podedes ver todas as fotos da xornada premendo no seguinte enlace: plantando árbores con pinceis.











xoves, 7 de abril de 2022

Proxecto Terra: Inspectores Urbanísticos!

Proxecto Terra

No día de hoxe, a través do Proxecto Terra, o alumnado de 6º de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria convertéronse en Inspectores Urbanísticos grazas a actividade desenvolta pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU). 

En cada sesión trataron as características da nosa paisaxe, os elementos naturais e humanizados, e como, en moitas ocasións, as persoas estragamos o entorno con construcións ilegais.

 “Coida do territorio. Coida do teu”