Amosando publicacións coa etiqueta patrimonio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta patrimonio. Amosar todas as publicacións

xoves, 3 de novembro de 2022

Xandobela: xogando co patrimonio

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

A nosa Biblio acolleu, no día de hoxe, unha actividade cultural promovida por Xandobela, que mediante o xogo achegou ao alumnado de 1º e 2º ciclo de Educación Primaria o noso patrimonio.

Da man de Nerea, pedagoga e educadora social, coñeceron o proxecto Xogando co patrimonio e desenvolveron a actividade, participativa e lúdica, "Pegadas do noso": lendas, adiviñas, música, seres mitolóxicos...; Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia.

Agradecemos proxectos como o de Xandobela, que achegan información arredor do patrimonio galego aos máis pequenos para seguir valorando e salvagardando o noso.

Grazas a Nerea polo seu bo facer e polo agasallo final: un carné de investigador-a da cultura galega para cada nen@.

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Na Biblioteca Milladoiro encantounos Xandobelar (palabra collida da xerga dos canteiros que significa xogar) co patrimonio.


domingo, 20 de febreiro de 2022

Día Internacional da Lingua Materna

Hoxe celebramos o Día Internacional da Lingua Materna co obxectivo de promover o plurilingüísmo e a diversidade cultural. Así foi proclamado pola Confederación Xeral da UNESCO en novembro de 1999.

Imaxe www.unesco.orgPremendo na imaxe accederedes á mensaxe da Directora Xeral da UNESCO: Audrey Azoulay

NÓS seguimos querendo pór en valor a importancia da nosa LINGUA NAI, principal vehículo para manter vivo O NOSO PATRIMONIO CULTURAL; medrando con identidade, con raíces sans e fortes no noso país da choiva, país de madeira e metal.. entre gaitas, ferreñas e alalás!

Imaxe BE Milladoiro. Malpica

Feliz Día da Lingua Nai a tod@s!

domingo, 13 de febreiro de 2022

Día Mundial da Radio: Teresa dos Cucos

Hoxe celebramos o Día Mundial da Radio 2022 sumándonos a iniciativa de Ponte... nas Ondas!: a Radio do Patrimonio, que este ano garda estreita relación co noso PDI de centro.

Felicitar ao alumnado de 5º de E. Primaria que coa orientación de Breogán, o seu titor, e o apoio do Equipo de Radio realizaron un fabuloso traballo de investigación, documentación e comunicación entrevistando a Teresa dos Cucos, Mestra da Memoria 2021.

Imaxe de www.axendacultural.aelg.gal
Feliz Día da Radio a tod@s!

mércores, 22 de decembro de 2021

Festa de Nadal 2021

Rematamos este trimestre cunha gran festa de Nadal na que puidemos desfrutar do chocolate con churros, organizado pola ANPA do CEIP Milladoiro e tamén da música tradicional, grazas a participación dun grupo de mestras e alumnos/as que foron coordinados pola mestra Susana Álvarez Mato. Esta formación creouse para a festa de Nadal pero tras o gran éxito acadado seguirán amenizando as próximas festas case seguro. Damos as grazas a cada un deles polo seu esforzo e traballo:

- Susana Álvarez (gaita).

- María Mascuñana (pandeireta)

- Daniella Cotelo 5º E.P. (pandeireta)

- Bruno Folla 3º E.P. (bombo)

- Antón Barrul 6º A E.P. (tambor)

- Pablo Varela 6º B E.P. (pandeireta)

A continuación tedes un vídeo resumo da xornada e ao final do mesmo algúns dos bailes que realizaron: