Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de febreiro de 2023

Día de Rosalía de Castro 2023

Día de Rosalía 2023

Premer na imaxe para acceder ao álbum de fotos

Conmemoramos o Día de Rosalía de Castro cun libro e unha flor... pulseira!

Asemade, unímonos á proposta da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e seguindo o manifesto escrito por Carme Adán escribimos palabras, e palabras e palabras! Palabras que eleximos da lectura de diversos poemas de Rosalía e que logo pegamos dentro da súa silueta.

AELG

Premer na imaxe para ler o Manifesto 

Rosalía de Castro, que a forza das túas palabras impulse as nosas propias para seguir mellorando o presente, un futuro que siga sendo noso, da nosa terra, para seguir tendo voz propia hoxe e sempre: NÓS.

 

xoves, 24 de febreiro de 2022

Día de Rosalía 2022

Celebramos, e vaia se celebramos, o Día de Rosalía!

Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos da xornada.

Ao mural do curso pasado, Cartas a Rosalía, demos continuidade co mural do presente curso seguindo o lema da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega: #SementadePensamentos.

Pensamentos de Rosalía: palabras, versos... e para Rosalía, a súa flor preferida, creadas con libros de expurgo pol@s nen@s de cada aula.

A nosa Biblioteca, o noso colexio segue a celebrar o Día da nosa querida escritora arredor da cal demos tratamento a súa biografía, a súa escrita, a súa gran persoa; pechando a xornada cun libro para casa e cunha flor-marcapáxinas.

En proceso de edición están os poemas de Rosalía gravados por cada aula para conformar un audiolibro de produción propia e a aula de 6º de Primaria compartiu con tod@s un adianto da canción que crearon, Rocksalía, baixo a coordinación do mestre de Música.

E para rematar, deixamos a listaxe de enlaces das publicacións feitas nalgúns dos blogs de ciclo: 

Parabéns a tod@s polo gran traballo desenvolto arredor de Rosalía!

Feliz Día de Rosalía, onte, hoxe... todos os días do ano!