martes, 19 de abril de 2022

Valorando

Presentamos a proposta de actividades do 3º trimestre do curso en relación co PDI anual, Laboratorios de Aprendizaxe e conmemoracións.

Actividades para integrar nas Programacións de aula mediante Tarefas Integradas que se nutran de información para transformala en coñecemento, usando os espazos creativos e recursos da BE-LeoLab.
O título elexido, Valorando, pon o acento na importancia de valorar O NOSO: a nosa lingua, as nosas Letras, a nosa historia, a nosa arquitectura, a nosa paisaxe...; sempre en comunidade e con identidade propia.

A por un trimestre valorando,
a por un trimestre xogando!

xoves, 7 de abril de 2022

Proxecto Terra: Inspectores Urbanísticos!

Proxecto Terra

No día de hoxe, a través do Proxecto Terra, o alumnado de 6º de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria convertéronse en Inspectores Urbanísticos grazas a actividade desenvolta pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU). 

En cada sesión trataron as características da nosa paisaxe, os elementos naturais e humanizados, e como, en moitas ocasións, as persoas estragamos o entorno con construcións ilegais.

 “Coida do territorio. Coida do teu”


mércores, 6 de abril de 2022

Lab. de Son: oficio e tradición... en feminino!

Presentamos os produtos finais do Laboratorio de Son implementado ao longo do mes de marzo en relación co Día da Muller 2022 e a proposta de actividades do noso PDI.

A proposta incluía dous produtos finais, entrevista escrita e podcast realizado en Radio Balea, valorando os oficios tradicionais desenvoltos por Mulleres da nosa contorna.

Premendo nos enlaces da seguinte listaxe accederedes aos produtos finais de cada aula:

Felicitar, unha vez máis, a alumnado e titores/as polo gran traballo desenvolto: investigando, coñecendo, valorando, comunicando; así coma ás protagonistas das diferentes entrevistas que,  de maneira totalmente altruista, nos regalaron o seu tempo para compartir experiencias e valores de vida.

Seguimos educando en igualdade e valorando ÁS NOSAS MULLERES!