Amosando publicacións coa etiqueta oralidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta oralidade. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de decembro de 2021

Nadal en familia: tradición oral

Collage Nadal en familia_PDI NÓS

Pechamos o 1º trimestre, arredor da tradición oral, coas extraordinarias visitas familiares: avoa, nai, pai, tía, veciña...; visitas coas que demos tratamento ao noso PDI, na busca do coñecemento e valoración da nosa identidade cultural.

Premendo nos seguintes enlaces accederedes ás publicacións realizadas nos blogs ou galería de imaxes das aulas:

Agradecemos a colaboración de tod@s, que de maneira altruista nos achegaron a nosa cultura a través da oralidade, da música e o baile tradicional.

Agasallos de Nadal... adiantados!

martes, 5 de outubro de 2021

Educando en comunidade: NÓS!

PDI NÓS
Para educar a un niño hace falta la tribu entera
(proverbio africano)

Un curso máis, solicitamos a colaboración de tod@s para seguir educando en comunidade.

O PDI que nos ocupa, NÓS: patrimonio in-MATERIAL!, inicia a súa andaina partindo do que nos é máis próximo: Malpica e Costa da Morte.

O 1º trimestre adicado á oralidade, tradicións e expresións orais, require da recompilación de información entre tod@s.

Queremos facer un chamamento a toda a comunidade para solicitar a necesaria colaboración que enriqueza o noso PDI; tendo sempre en conta que cada aportación, por pequena que sexa, suma e multiplica a información que poidamos obter para transformala en coñecemento.

Seguindo o proxecto recollido neste blog do PDI, organizamos os trimestres como segue:

1º trimestre. IDENTIDADE: tradicións e expresión orais. Oralidade, berce da cultura! No samaín faremos unha recompilación das lendas, cantigas, refráns da nosa zona e no mes de decembro dedicaremos a música tradicional pedindo colaboración a todas as familias e asociacións de Malpica.

2º trimestre. COEDUCACIÓN: actos festivos e técnicas tradicionais artesanais. Comezaremos pola imigración, recollendo os testimonios de aqueles que tiveron que cruzar os océanos para ter unha vida mellor. Rescataremos o entroido tradicional de Malpica e das súas parroquias. Finalizando o trimestre entrevistando as mulleres traballadoras e os oficios tradicionais.

3º trimestre. MEDIO AMBIENTE: patrimonio material (arquitectónico, artístico, histórico e/ou natural).

Agradecemos de antemán, a colaboración de toda a comunidade.

Por un curso moi noso, por un curso enriquecéndonos, coñecéndonos!

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica
Axenda 2030

Axenda 2030

luns, 20 de setembro de 2021

Oralidade, berce da cultura!

Presentamos a proposta de actividades deste 1º trimestre do curso en relación co PDI anual, Laboratorios de Aprendizaxe e conmemoracións.
Actividades para integrar nas Programacións de aula mediante Tarefas Integradas que se nutran de ALFIN, usando os espazos creativos da BE-LeoLab.
O título elexido, Oralidade: berce da cultura!, pon o acento na importancia da fala, da escoita como primeira forma de comunicación complexa, antes da escrita, que nos permite ser, estar en comunidade: contos, cantos, debates, asembleas....
Partimos da necesidade de coñecer e valorar as nosas tradicións e expresións orais: contos, lendas, mitos...parte do noso patrimonio, signo de identidade, que debemos preservar, tal e como marca o Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable 11.4 da Axenda 2030: 
"Redobrar os esforzos para protexer e salvagardar o patrimonio cultural e natural do mundo"

A por un trimestre contando, 
a por un trimestre lendario!

ODS 4, Axenda 2030

ODS 11, Axenda 2030